Tipografía Real Madrid 2018

RealMadrid2018font

Tipografía do Real Madrid 2017-18

NOTA IMPORTANTE:

SPORT FONTS en galego vai desaparecer como web completa.

Isto débese ao seguinte:
En SPORT FONTS non queremos traducións automáticas feitas por robots nin métodos que traducen por sistemas estadísticos, é por iso que en lugar de escribir a web nun idioma base e instalarlle un sistema de tradución automática, preferimos redactar unha web distinta por cada idioma que queríamos usar, que sexa a persoa a que redacte para evitar traducións absurdas, robóticas ou sen sentido. SPORT FONTS agora pódese ler en castelán, galego, portugués e inglés, e, debido a este sistema, na práctica é como ter catro webs, co seu respectivo manteñemento e actualizacións de cada unha. Poderíamos limitarnos a ter so en inglés e como moito tamén en castelán e esquecernos de ter que redactar cada tipografía e información en cada idioma, pero o redactor desta web cre na normalización lingüística e en que ningunha lingua vale máis que outra polo feito de ser máis ou menos falada ou de cohabitar con outra. Agora queremos ampliar a lista de idiomas, polo momento imos publicar tamén en vasco, italiano e francés, e non podemos permitirnos ter que estar pendentes doutras tres webs máis. Por iso, a sección en galego pasará a integrarse en http://www.sportfontsspa.wordpress.com, é dicir, xa non haberá web propiamente en galego, pero si se seguirá podendo ler a información en galego, e as tipografías terán a súa descripción en galego despois de en castelán. O tema dos menús de búsqueda de fontes clasificadas por deportes e ligas, e as estructuras da web, xa so serán en castelán.

De momento isto non vai ser inmediato, ata non ter redactados os outros idiomas non imos integrar nada en ningunha web, esta vai seguir funcionando como ata o de agora, pero si vai ben que se vaia sabendo para que os seguidores da web en galego saiban que chegará un momento no que esta web non existirá e terán que pasarse á web en castelán para poder seguir vendo os contidos.