Inicio e información

¡Benvidos a Sport Fonts!

Neste sitio web poderá ver e adquirir tipografías así como logos de equipos deportivos como de fútbol, baloncesto, balonmán, hockey…

Poderá pedir calquera das que se anuncian o algunha que poda necesitar aínda que non apareza aquí, nese caso tardará máis en despacharse o pedido.

¿Que é o que se anuncia aquí e como funciona esta web?

Aquí atopará todo tipo de tipografías de equipos deportivos que poden ser utilizadas para imprimir, estampar camisolas, facer deseños, estampar recordos, etc… Navegue polas diferentes seccións para ver o material do que se dispón, creo que o organicei da forma máis ordenada posible, pero se se perde ou non quere trastear por ela pode consultar directamente, como queira.

Na web verá en cada caso unha imaxen da tipografía en bruto tal e como se vería o eps e coa que tería que compór vostede mesmo os nomes e números coa medida desexada.

Por outro lado hai complementos como liñas de corte ou nomes listos. Consulte a lista de servizos.

Como facer pedidos

Pedir calquera das tipografías que aquí se anuncian o algunha que se necesite é moi fácil, ten que enviarme un e-mail dicindo en qué tipografías está interesado e realizar o pago a través dos métodos dispoñibles e automaticamente enviaríase o material solicitado ao e-mail co que contactou comigo.

Formato

Todas as tipografías envíanse en ttf, corel e eps.

Prezo

Solicite a lista de prezos que varían segundo a cantidade e os complementos.

Contacto

Mediante correo electrónico, chuminalandia@gmail.com escribe como asunto as tipografías polas que quere preguntar e pregunta o que queira.

Métodos de pago

Pódese pagar a través de:
PayPal: Conta asociada a chuminalandia@gmail.com ponse como asunto do pago as tipografías pedidas e o nome do solicitante para evitar confusións.
Conta bancaria: O que queira utilizar este método de pago que o especifique no e-mail e xa se lle darán os datos.

Protocolo a seguir para evitar contratempos

Como xa expliquei, resumindo, pregúntase pola fonte correspondente, especificase cómo se vai pagar e ao verificar o pago envíase o material solicitado, pero hai que ter en conta cousas e contratempos que poden ocorrer:
Retrasos na resposta do pedido: Pode ser que dende o momento no que se contacte comigo ata que se reciba a miña resposta pase máis tempo do desexado por desfases horarios ou porque estivera algún tiempo sen acceso ao meu e-mail, eu miro o e-mail a diario, varias veces ao día, pero pode ocurrir que por algún motivo persoal ou familiar ou técnico estea puntualmente sen aceso á internet, por eso recomendo que se fagan os pedidos con tempo.
Retrasos no envío do material tras o pago: Esto é o que más me preocupa, eu sempre, sempre envío o material pagado, non teño intención de enganar a ninguén, non fixen esta web para decir que vou a mandar algo, cobralo e non mandalo, pero como xa dixen, pode pasar que en momentos puntuais non teña acceso á internet, para evitar isto recomendo avisar sempre de que se van a pagar as tipografías e cómo para eu estar pendente e facer os encargos con tempo para que non cheguen máis tarde do que se necesita.

De todas formas, nesta páxina de inicio especificarase a miña dispoñibilidade a internet para que o cliente saiba considerar se lle ven ben realizar o pedido en función da presa que teña por dispor de el, a continuación explico esas posibles dispoñibilidades:
Total: Teño acceso á internet todo o día porque sei que vou estar na casa todo o día, pero, evidentemente, cando durmo non atendo o e-mail.
Case total: Teño acceso á internet varias veces ao día. Isto vai ser o máis habitual.
Periódica: Só accedo de noite, pero todas as noites, non debería haber problema para realizar o pedido.
Eventual de pronta reposición: Calculo que vou estar uns días sen acceso á internet ou con moi pouca posibilidade de acceder  polo motivo que sexa. Se podo especifico cando se normaliza a situación.
Eventual: Estou sen acceso ou pouca posibilidade de acceso durante unha longa tempada (unha ou dúas semanas) e non teño a certeza de que vaia poder acceder á internet durante un tempo. Eu sempre que puidera accedería, sempre que dispuxera dun punto de aceso, pero non sabería días nin horas concretas, nese caso, cada tres ou catro días tería un momento para contestar todos los e-mails que se foran acumulando. Isto é pouco habitual, sucederíame por motivos de familia ou técnicos.

Que as frecuencias de dispoñibilidade a consultar o e-mail sexan baixas non quere dicir que non se podan enviar e-mails, poden enviar todos os e-mails que queiran con todas as dúbidas que poidan ter, eu sempre respondo, pero deberá ter isto en conta sobre todo, para pagos.
Vexa no apartado “dispoñibilidade” para consultar a miña frecuencia de atención.

Dispoñibilidade

Periódica

Nota: Esta web está escrita orixinalmente en galego, pódese ver orixinalmente noutros idiomas, se a está a ver noutro idioma é porque o seu traductor automático a traduciu provocando incoherencias e frases sen sentido, desactive a traducción automática e escolla o idioma que queira nos menús

Sport Fonts pódese ver tamén en:

Sport Fonts Spa    Sport Fonts Por    Sport Fonts Eng

Comente o que queira, pero para facer pedidos é mellor que envíe un e-mail. Non se publicarán comentarios que mostren direccións de e-mail, de residencia nin números de teléfono. Moitas gracias